Sala de prensa

A industria auxiliar galega, pendente do financiamento para pechar contratos

Sala de prensa >>

A industria auxiliar do naval en Galicia está pendente de resolver os actuais problemas de financiamento para pechar os contratos que ten en carteira, algúns deles de carácter internacional e "alto nivel tecnolóxico", informou nunha nota a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga).

Este é a mensaxe que trasladou hoxe Aclunaga, así como o responsable do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos e representantes de Indasa, Norinver e Aister, ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e ao director xeral do Igape, Javier Aguilera.

Os representantes da industria auxiliar fixeron fincapé en que nestes momentos existen contactos "moi avanzados" por parte dalgunhas empresas para afrontar novos proxectos, algúns deles vinculados co sector marítimo pero alleos ao naval.

A "gran dificultade" en todos os casos é o acceso ao financiamento, polo que solicitaron o apoio da Xunta para atopar solucións, así como para alcanzar "a maior diversidade posible" tanto en actividade como en implantación xeográfica.

Segundo datos de Aclunaga, en épocas de máxima produción a industria auxiliar do naval pode dar emprego directo en Galicia a máis de 14.000 persoas.

Fuente: Galiciaé (http://www.galiciae.com), 31 de julio de 2013

Volver a Sala de Prensa
Mapa Web:
Norinver Montajes e Ingeniería S.L.
Pol. Industrial Vilar do Colo, Rua Cornecha, Parcela M4
15621 Cabanas (A Coruña)
Tlf: 981 381 504
Fax: 981 389 890